lunes, 7 de septiembre de 2015

Arranca o programa de formación Reacciona en Santiago e Ourense

Arrancamos!

Hoxe celébrase en Santiago e Ourense a primeira xornada dos cursos de formación para os bolseiros do programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

O programa formativo ofrece un total de  72 horas lectivas, máis 8 horas adicionais impartidas polos clusters e entidades vinculadas á Unidade Galicia Emprende, a un máximo de 200 titulados divididos en 7 edicións do programa formativo.
Ademáis de nestas cidades, tamén terán lugar en A Coruña, Lugo e Vigo.
O calendario de formación é o seguinte:
  • Santiago de Compostela 1ª edición: 7 ao 18 de setembro
  • Santiago de Compostela 2ª edición: 21 setembro ao 2 de outubro
  • A Coruña: 10 ao 22 de setembro
  • Vigo 1ª edición: 8 ao 19 de setembro
  • Vigo 2ª edición: 14 ao 25 de setembro
  • Lugo: 9 ao 21 de setembro
  • Ourense: 7 ao 18 de setembro
                                   
                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario