lunes, 19 de enero de 2015

Axudas a investimentos para a transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais

 A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR publicou recentemente una nova convocatoria de axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais que melloren o rendemento global das empresas solicitantes, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
 
Están dirixidos a microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias con investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios, así como microempresas con investimentos relativos á serradura de madeira, puidendo chegar as axudas ata o 50% da inversión prevista.
 
A continuación presentamos unha táboa resumindo as principais caracteristicas destas axudas (Código de procedemento MR340A)


ENTIDADE OFERTANTE
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA
ORDE 30/12/2014 (DOG 15/01/2015, páx. 2101)
OBXECTO
Investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais.
BENEFICIARIOS
A. Microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias con investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios.
B. Microempresas con investimentos relativos á serradura de madeira.
REQUISITOS DOS INVESTIMENTOS
Os investimentos deben mellorar o rendemento global da empresa solicitante. Para eses efectos, deben ter algún dos obxectivos seguintes:
– Aumentar a competitividade da empresa.
– Reducir os custos.
– Aumentar o valor engadido.
– Reducir o impacto ambiental.
– Mellorar a rastrexabilidade e seguridade das producións.
– Diversificar as producións e/ou os mercados.
– Mellorar a calidade das producións.
– Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.
– Mellorar a comercialización das producións.
INVESTIMENTOS  SUBVENCIONABLES
1. Investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea excepto os produtos da pesca. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser productos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Non serán subvencionables os investimentos relativos aos produtos descritos na parte II do anexo VII do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.
2. Consideraranse tamén subvencionables os investimentos desenvolvidos en Galicia en activos fixos destinados á serradura de madeira.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles, incluída a compra de terreos. En todo caso, a adquisición de terreos será subvencionable ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os soportes lóxicos.
c) Os gastos vinculados aos puntos anteriores en honorarios de proxecto e dirección de obra, estudos de viabilidade e adquisición de patentes e licenzas relacionadas co proceso produtivo.

Non serán porén obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.
CONTÍA DA AXUDA
Microempresas, pequenas e medianas empresas: 50%
Empresas intermedias: 25%
SUBVENCIÓN MÁXIMA
Dependendo do tipo de investimento. Minimis 200.000
PRAZO REALIZACIÓN GASTOS E PAGOS
10/10/2015
PRAZO SOLICITUDE
15/02/2015
ANTICIPO
Non
CONCORRENCIA COMPETITIVA
Si
COMPATIBILIDADE OUTRAS AXUDAS
Si, suxeita ao réxime de minimis segundo tipo de empresa.


















Se está interesado en solicitar estas axudas, pode chamar ao teléfono de Serviguide 986 44 33 11 ou contactar por correo con nosco na dirección innovacion@serviguide.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario