Trátase dunha convocatoria similar a publicada no ano 2013.
A continuación presentamos unha táboa resumindo as principais caracteristicas destas axudas (Código de procedemento MR331A)
ENTIDADE OFERTANTE | CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR | ||
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA | ORDE 12/12/2014 (DOG 23/12/2014, páx. 52.280) | ||
OBXECTO | Realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal. Entendéndose por novo produto a obtención dun ben anteriormente inexistente; por novo proceso a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente; e por nova tecnolóxica a mellora da eficiencia dun proceso produtivo. | ||
BENEFICIARIOS | A. Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura. B. Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal. | ||
AXENTES COOPERANTES (≥10%) | C. Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria. D. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da CC.AA. (PARTICIPACIÓN OBRIGADA) | ||
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES | 1. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados. 2. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria. 3. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal. | ||
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES | 1.A. ENTIDADES PRIVADAS: PERSOAL PROPIO (MÁX 25%x[ORZAMENTO TOTAL MENOS CUSTOS AXENTES COOPERANTES]); 1.B. CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS (non poden imputar PERSOAL PROPIO): PERSOAL TEMPORAL CONTRATADO (doutores, titulación universitaria ou técnica de grado medio ou superior) e PERSOAL DE APOIO NON VINCULADO ESTATUTARIA OU CONTRACTUALMENTE; 2. EQUIPAMENTO E INSTRUMENTAL (dedicación); 3. ADECUACIÓN OU MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO; 4. SERVICIOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS: análises, ensaios de laboratorio, enxeñaría, estudos, consultoría… 5. MATERIAL FUNXIBLE OU COMPOÑENTES; 6. VIAXES E AXUDAS DE CUSTO segundo DECRETO 144/2001; 7. AXENTES COOPERANTES: conceptos incluídos nos puntos 1 a 6 anteriores. No caso de CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS o custo da colaboración pode incrementarse nun 10% coma GASTOS INDIRECTOS presentando Informe Técnico do método de imputación; 8. IVE só se é soportado e non recuperable. Nunca no caso de Organismo de Dereito Público. | ||
CONTÍA DA AXUDA | 100% | ||
SUBVENCIÓN MÁXIMA | 200.000 € | ||
PRAZO REALIZACIÓN GASTOS E PAGOS | 30/09/2015 | ||
PRAZO SOLICITUDE | 23/XANEIRO/2015 | ||
ANTICIPO | Non | ||
CONCORRENCIA COMPETITIVA | Si | COMPATIBILIDADE OUTRAS AXUDAS | Si, suxeita ao réxime de minimis |